Información requirida aos equipos e deportistas que se despracen a Galicia para competicións deportivas oficiais non profesionais
Dentro das medidas postas en marcha no ámbito deportivo para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, a Xunta de Galicia estableceu, con carácter obrigatorio, requisitos específicos para os equipos e deportistas de competicións oficiais non profesionais de ámbito estatal.
A finalidade destas medidas é coñecer a situación dos deportistas e dos restantes membros das expedicións que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia e posibilitar así a detección temperá de posibles positivos e brotes. Para facilitar a comunicación e envío da información ás autoridades sanitarias de Galicia pode utilizarse este formulario.
Quen ten que cubrir este formulario?
A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal que poidan implicar contacto.
Que obrigas aplican a este colectivo?
- a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia
- a data e hora de chegada á Comunidade Autónoma galega
- o lugar de aloxamento
- o tipo de proba de detección da COVID-19 á que fosen sometidas ditas persoas
Cando e onde se realizarán estes test?
Os test deben realizarse no lugar de orixe da expedición polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba, partido ou competición.